En portadaÚltima hora

O Barco, sede do campionato galego de probas combinadas

As pistas de atletismo de Calabagueiros acollerán esta proba autonómica na fin de semana do 27 e 28 de xullo
Competición de valados nas pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: A.R.

Nova cita galega de atletismo en Valdeorras. Na vindeira fin de semana, os días 27 e 28 de xullo, as pistas de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) serán escenario do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Nesta cita poderán intervir atletas das categorías Sub16 en adiante, incluidos máster, situados nos oito primeiros postos do ranking galego no presente ano.

“Entre a relación de participantes destacan a dos atletas absolutos do Celta Alicia Merino e a do subcampión galego o ano pasado Adolfo Saínz Maza. Na categoría Sub18 Andrea Villaverde da Gimnástica, bronce o ano pasado, estará na mesma categoría que a do actual campión galego Aitor Fernández da Atlética Lucense quen defenderá o título. Por último Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo, que recentemente lograría a medalla de bronce no Campionatro de España de Hexathlon da súa categoría, tamén estará tomando parte nesta cita autonómica”, tal e como se adianta dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

As probas darán comezo ás 11:30 horas do sábado para rematar ás 14 horas do domingo.

Máis información en: https://atletismo.gal/competicions/campionato-de-galicia-de-probas-combinadas-sub16-ata-master-2018-2019/

Artigos relacionados

Back to top button