SanidadeÚltima hora

O Barco segue reivindicando unha Atención Primaria “digna”

Con pancartas como “Xuntos por unha Atención Primaria digna”, “un mínimo de dez minutos por consulta” ou  “Valdeorras despierta, esto nos afecta a todos”, veciños e persoal sanitario volvían a concentrarse ás 12h. un xoves máis no exterior do Centro de Saúde do Barco.

Con este parón de cinco minutos séguense reivindicando melloras na Atención Primaria. Este tipo de concentracións veñen realizándose no Barco xa dende finais do mes de maio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button