En portadaÚltima hora

O Barco seguirá no nivel medio de restricións

Publicidade
Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar na reunión celebrada esta tarde o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button