ConcellosÚltima hora

O Barco sensibiliza á poboación cun concurso medioambiental a través das redes sociais

Publicidade
O concurso “Reto #OBarcodeverde” desenvolverase ata o 10 de xullo, en Twitter e Facebook
As cocelleiras de Medio Ambiente e Servizos do Barco, Diana Urdangaray e Alicia Álvarez, na presentación da campaña de reciclaxe. /Foto: Mónica G. Bellver.
Dende hoxe, luns 10 de abril e ata o 10 de xullo, estará aberto o prazo para participar no Concurso de Sensibilización Ambiental “Reto #OBarcodeverde”, que se desenvolverá en Facebook e Twitter. Trátase dun concurso de fotografía e vídeo a través das dúas redes sociais nas que todos aqueles que o desexen poden colgar unha imaxe ou gravación no que se mostre unha boa práctica medioambiental (o uso da bicicleta para ir ao traballo ou ás clases, reciclaxe doméstico,…).

Para poder participar deberá incluírse o hashtag #OBarcodeVerde e deberá etiquetarse ao Concello do Barco de Valdeorras/Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras (Facebook) ou @ConcellodoBarco (Twitter). Ademais, segundo as bases, os participantes deberán estar empadroados no Barco e seguir ao Concello nas redes. Pola súa banda, as fotografías ou vídeos (unha única publicación por usuario) deberán ser realizadas no municipio barquense.

Establecese un único premio (unha cámara acuática), para o autor da imaxe ou vídeo que máis veces sexa “compartida” ou “retwitteada”.

Este concurso forma parte do programa organizado pola Concellaría de Medio Ambiente para este ano, dentro do cal hai actividades dirixidas aos escolares, e outras, coma esta, nas que se busca a participación de cidadáns de todas as idades.

Artigos relacionados

Back to top button