ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco sitúase nos 22 casos activos de Covid

Estrada xeral que cruza a vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve aumento con respecto ao pasado venres nos casos activos de coronavirus no Barco. Este municipio valdeorrés rexistra un total de 22 casos, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello. Supón 1 positivo máis que o pasado venres, no que O Barco tiña 21, e un menos con respecto a onte, xornada na que se rexistraban 23 positivos.

Así mesmo, O Barco baixa no nivel de alerta no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade, pasando do nivel de alerta 2 (laranxa) ao nivel de alerta 1 (amarelo). Isto significa que, segundo os datos da consellería, neste concello téñense rexistrado entre 7 e 14 novos casos de Covid-19 confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button