ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco sobe a 178 casos activos de Covid, 2 máis que onte

Imaxe da avenida Conde Fenosa no Barco./ Foto: A.R.

 

Segue subindo a curva do coronavirus, pero de maneira máis lenta, no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 21 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 178 os casos activos de Covid-19 rexistrados neste municipio, o que supón 2 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días está en >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras. No Hospital de Ourense volven medrar as persoas hospitalizadas, un total de 42 (5 máis que onte), 1 delas está na UCI; mentres que o Hospital de Verín mantén un ingreso por Covid e hai unha persoa ingresada en planta na Clínica Santa Teresa.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

2.181 casos activos na provincia

A provincia de Ourense rexistra nesta xornada 2.181 casos activos de Covid, o que supón 95 máis que onte. Tan só hai 11 concellos que non rexistran casos e as cifras máis destacadas son as da cidade de Ourense, con 1.208 casos, O Barco con 178, Barbadás 106, Carballiño 100, Xinzo 37, Pereiro 36, Allariz 35, Avión 31, Verín 27, Celanova, Ribadavia, San Cibrao 25,
Maceda 19, Boborás e Coles 16, Vilamartín 14, Amoeiro 12, Beariz e Toén 11, Maside e A Rúa 10, segundo informa o Sergas. O resto de concellos ourensáns con casos sitúanse en 9 ou menos de 9.

Artigos relacionados

Back to top button