ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco sobe ata os 25 casos activos de Covid, 11 máis que onte

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Medran os casos activos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra neste venres 22 de xaneiro un total de 25 casos activos de Covid-19, 11 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes soben a 23. Tamén aumenta a incidencia acumulada para o concello que pasa de ser  >50 e ≤150 onte a situarse en >150 e ≤250 hoxe, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button