En portadaÚltima hora

O Barco sobe ata os 31 casos activos de Covid, 17 máis que onte

Vista do Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Segue en ascenso a curva de casos activos de Covid no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos por Sanidade (actualizados ás 18h. 8 de xullo), son 31 os positivos rexistrados neste municipio, son 17 máis que onte.

Tamén continúan medrando os positivos noutros puntos da provincia: no concello de Ourense son 352 os casos activos (68 máis que onte), en Barbadás 36 (7 máis que onte), en Ribadavia 28 (1 máis que onte), no Carballiño 27 (4 máis que onte), en Allariz 13 e en Xinzo 10.

En total a provincia rexistra 606 casos activos, 123 máis que onte. Nestes momentos só rexistra ingresos por Covid o Hospital Universitario de Ourense, un total de 7 en planta, 3 máis que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button