En portadaÚltima hora

O Barco solicitará unha Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional

Nesta demanda o Concello conta co apoio do Sindicato Unificado de Policía
O alcalde do Barco, Alfredo García, na reunión con representantes do Sindicato Unificado de Policía de Galicia.

A comarca de Valdeorras en xeral, e O Barco en particular, deberían contar cunha oficina neste concello na que os veciños podan realizar xestións para as que agora necesitan desprazarse ata outras poboacións que si contan con Comisaría de Policía. Esta é unha cuestión na que coinciden o alcalde do Barco, Alfredo García, e o Sindicato Unificado de Policía (SUP) de Galicia. Así se poñía de manifesto na xuntanza que o rexedor barquense mantiña na mañá do 19 de abril con Roberto González Rodríguez e Antonio Pousa, secretario xeral deste sindicato e secretario provincial, respectivamente, co fin de estudar medidas conxuntas para lograr que O Barco conte nun futuro cercano cunha Unidade de Extranxeiría e Documentación da Policía Nacional.

Segundo se informa dende o Concello do Barco, as unidades de Estranxeiría e Documentación teñen competencias en “materia de expedición de documentación de españoles (DNI e pasaportes), así como no relacionado con permisos de residencia e permanencia de estranxeiros. Dado que as comisarías de policía non cobren as necesidades existentes, creáronse unidades de documentación e estranxeiría en diferentes poboacións que, por ser lugares estratéxicos ou cabeceiras de comarcas, xustifican a súa instalación”.

Ademais dende o Concello do Barco tamén se apunta que en Galicia son 18 as unidades deste tipo existentes, “das que só dúas están en Ourense, o que supón que é a provincia con menos unidades de toda Galicia, pese a que é a máis extensa. No caso da comarca de Valdeorras, cóntase con 27.000 habitantes, dos que 14.000 viven en O Barco. A capital da provincia está a 120 kilómetros, polo que os veciños acostuman acudir a Monforte (Lugo), ou Ponferrada (León) para a expedición da súa documentación, e as deficiencias das comunicacións por estrada dificultan aínda más as viaxes a Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close