En portadaSanidadeÚltima hora

O Barco suma 48 casos positivos de Covid, 6 deles ingresados no Hospital de Valdeorras

No caso do concello de Verín son 55 os casos activos e 12 os pacientes ingresados no seu hospital

Hospital Comarcal de Valdeorras.

 

Cunha taxa de 291,7 o concello de Ourense apróximase cada vez mais a taxa estatal de Covid-19, que ascende aos 294 casos por 100.000 habitantes (111,43 en Galicia), mentres que a provincial aumenta gradualmente, con 205,75.

Pese a diferenza de cifras co concello de Ourense, preocupa a capacidade de transmisión e afectación á poboación mais vulnerable, no Barco de Valdeorras e Verín, xa que en ambos concellos as taxas de incidencia, acumuladas a 14 días por 100.000 habitantes, é superior a do conxunto da provincia, con 327,9 en Verín e de 321 no Barco.

Por elo, e co obxectivo de reducir canto antes este crecemento na provincia, Sanidade inclúe entre as áreas con restricións tamén ao Barco de Valdeorras, “con 48 casos positivos neste intre, 6 pacientes ingresados no seu hospital público e unha alta incidencia de gromos, principalmente de carácter familiar e social, ligados á agrupacións de persoas no sector servizos, ao igual que en Ourense e Verín. Neste último concello, os casos ascenden a 55, con 12 pacientes ingresados en Verín”, tal e como vén de informar a Consellería de Sanidade.

Medidas para limitar a transmisión no Barco e Verín

Tanto no Barco como en Verín, Sanidade informa de que se limita a un máximo de 10 persoas as que se poden reunir, tanto en público como en privado; redúcese o aforo ao 50% en comercios, hostalería, restauración, etc. así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado. entre outros; péchanse os centros de día e o acceso a residencia; prohíbese servir na barra dos bares e restaurantes, limítandose as mesas no interior e o reducíndose ao 75% as das terrazas.

No caso de celebracións como vodas, bautizos, etc., non poderá superarse o 50 % do aforo nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas ao aire libre, cunha moratoria de 72 horas para os actos previamente organizados, mediante comunicación a Sanidade.

No concello de Ourense seguen vixentes estas mesmas, salvo a limitación de persoas, que se equipara á implantada no Couto, de un máximo de 5 persoas nas reunións. Igualmente neste populoso barrio do centro da cidade mantéñense as medidas de especial restricción. ante a continuidade dos gromos e novos casos.

Limitación de contactos

Ademais dende a consellería sinálase que “para o éxito de todas estas medidas é esencial o compromiso e solidariedade da cidadanía, para trasladalas tamén ao terreo privado, como medio de autoprotección e barreira fronte ao virus e os mais vulnerables, cortando así a cadea de transmisión. Para elo, é imprescindible limitar os grupos e reducir os contactos sociais aos esenciais”.

Outro criterio moi importante é actuar precozmente ante a detección de calquera síntoma compatible coa COVID: tose, dificultade para respirar, febre, malestar gastrointestinal ou falta de olfato e gosto. Ante a coincidencia de dous destes signos, debe chamarse inmediatamente ao Centro de Saúde e limitarse os contactos ata recibir instrucións.

O concello de Ourense, coa maior taxa de incidencia das 7 cidades galegas

Pese ás restricións adoptadas, os contaxios de Covid continúan medrando na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, cun concello, Ourense, coa maior taxa de incidencia entre as sete grandes cidades galegas, con 291,7 casos (por 100.000 habitantes), moi por riba da taxa galega, de 111,43, e 765 casos activos na provincia na que, a día de hoxe, temos a 64 persoas ingresadas nos tres hospitais públicos e seis pacientes na UCI.

Por elo, tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico, sobre a evolución epidemiolóxica, a Consellería de Sanidade intensificará, a partir desta medianoite, as medidas de prevención, limitando as reunións públicas e privadas a cinco persoas (non convivintes) en todo o concello de Ourense; mantendo o nivel de restricións vixentes no barrio de O Couto, e ampliando as xa aplicadas no concello de Verín ao do Barco de Valdeorras, onde os últimos días multiplicáronse os contaxios e os abrochos.

Desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras preocupa moi especialmente a situación epidemiolóxica do concello de Ourense, no que se seguen a concentrar a maioría dos gromos e contaxios (o 50% dos da provincia) xa desde o inicio das restricións en setembro. A meirande parte, ao igual que no resto de Ourense, vencellados a reunións familiares e de amigos, tanto no ámbito privado como público, con distintos focos vinculados ao sector servizos.

Outro dato a ter moi en conta é que está a aumentar a idade media dos afectados, desprazándose as persoas de maior idade e risco de complicacións graves. De feito, se hai uns días os maiores de 65 anos representaban os 25% dos contaxiados, agora esta porcentaxe abrangue xa ao 28%.

Artigos relacionados

Back to top button