CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco suma a cuarta vitoria consecutiva e mantén o liderato en Terceira RFEF

Co 1-2 remataba o partido disputado no campo do Racing Club Vilalbés

 

Continúa unha semana máis a boa racha para o CD Barco, que vén de sumar a cuarta vitoria consecutiva nesta liga de Terceira División RFEF, desta volta no campo do Racing Club Vilalbés, ao que vencía por 1 gol a 2.

Despois de gañar pola mínima ao Rápido de Bouzas en Calabagueiros, na tarde deste domingo  3 de outubro os barquenses viaxaban ata o campo da Magdalena como líderes da clasificación e, tras uns primeiros compases, adiantábanse no marcador da man do capitán vermello, David Álvarez, que transformaba a pena máxima.

 

 

Tralo penalti continuaba o xogo entre ourensáns e lucenses, rematando a primeira parte co 0-1 no marcador. Xa na segunda metade, Óscar Martín aumentaban a difereza marcando o segundo gol do Barco no minuto 55. Chegados a este punto parecía que o partido estaba feito pero os locais non estaban dispostos a baixar os brazos recurtando distancias cun gol no minuto 77. Co 1-2 ámbolos dous equipos continuaron no xogo pero o marcador xa non se movería.

 

 

E así, con esta nova vitoria os de Javi Rey mantéñense como líderes da clasificación cos 12 puntos posibles dos catro partidos disputados no que vai de liga. O segundo clasificado é o Somozas con 10 puntos. A seguinte cita será de novo en casa, en Calabagueiros, fronte ao CF Noia (quinto clasificado).

Fotos: Julio Quintas.

 

Artigos relacionados

Back to top button