En portadaÚltima hora

O Barco suma os tres primeiros puntos da tempada ante o Silva en Calabagueiros

Co 2-1 remataba o primeiro partido da liga 2021/2022 disputado na tarde deste sábado 11 de setembro

 

Apenas dúas horas despois de facer público o videoclip do seu himno, realizado por Itaca, o CD Barco comezaba oficiamente a liga na terceira división galega. Era o primeiro dos tres equipos ourensáns que compiten nesa categoría en abrir a tempada e facíao da mellor forma posible, vencendo 2-1 ao Silva.

O partido comezaba ás sete da tarde deste sábado 11 de setembro, en plenas Festas do Cristo, e diante da súa afección que segue sen fallar. Era tamén momento de recoller carnés de socio e de reencontros (aínda que houbo moitos partidos de pretempada non todos os afeccionados asistiron), pero a emoción estaba no terreo de xogo.

Tras cas un mes de preparación, con duras sesións de adestramento impostas polo míster, Javier Rey, eran os vermellos os que se adiantaban no marcador co primeiro gol de Óscar Martín xa no minuto 5. E sen tempo de reaccionar para os coruñeses, tres minutos despois Óscar volvía marcar, poñendo o 2-0 no marcador.

 

Xogadores do Barco celebrando un dos goles.

 

Malia estes dous mazazos nada máis comezar o encontro, o Silva conseguía reaccionar e no minuto 14 recurtaba distancias grazas ao gold e Alejandro Lorenzo. A partir de aí foi un tira e afrouxa constante rematando a primeira parte co 2-1 no marcador. Un resultado que xa non se movería, cunha segunda parte sen acerto por parte de ningún dos dous equipos pero si certa tensión. De feito, tras un carrusel de cambios e pausa para hidratación, o técnico do Barco vía unha tarxeta vermella tras unha discusión cun xogador do Silva que remataba o encontro con dez trala expulsión de Álex por dobre amarela.

Xa xornada de mañá, domingo 12 de setembro, o Ourense CF xogará no Couto contra o Noia; e o Atlético Arnoia no campo do Alondras no Morrazo.

O seguinte partido para o CD Barco será a vindeira fin de semana na Estrada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button