ConcellosÚltima hora

O Barco suspende as escolas deportivas e pecha a gardería municipal, o conservatorio e a biblioteca dúas semanas

Queda tamén suspendida toda actividade no Teatro Lauro Olmo a partir de mañá, venres (teatro, cine, etc.)

Exterior do Teatro Lauro do Barco./ Foto: A.R.

Seguindo a decisión adoptada neste xoves polo Consello da Xunta de Galicia de peche de centros escolares, museos, bibliotecas e arquivos, o Concello do Barco vén de anunciar que a gardería municipal do Barco, o
Conservatorio e Escola de Música e a Biblioteca Municipal “permanecerán pechados a partir do luns, seguindo a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta de Galicia”.

Ademais, “e en cumprimento das medidas tomadas pola Xunta no ámbito deportivo, suspéndense as escolas deportivas municipais, e o deporte base nas que hai inscritas da orden de 1.500 persoas. Tamén se suspenden
os eventos deportivos de todo tipo, e os clubs poderán usar as instalacións municipais nos seus horarios correspondentes, exclusivamente para xestionar os adestramentos dos equipos en competición”.

 

Exterior da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán no Barco.

 

 

O Concello barquense decidía asemade “suspender as actividades xa previstas para esta fin de semana, como a charla sobre enfermidades raras e a andaina solidaria prevista para o domingo”. E tamén, no relativo á programación cultural, “queda tamén suspendida toda actividade no Teatro Lauro Olmo a partir de mañá, venres (teatro, cine, etc.)”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close