SanidadeÚltima hora

O Barco tamén demanda unha “Atención Primaria digna”

No mediodía deste luns tiña lugar unha concentración no exterior do seu Centro de Saúde coa participación de profesionais sanitarios e veciños

 

“Xuntos por unha Atención Primaria digna”. Era a demanda que se plasmaba nos carteis que portaban os participantes na concentración que no mediodía deste luns 27 de maio tiña lugar no exterior do Centro de Saúde do Barco. Nela participaban veciños e profesionais sanitarios.

Deste xeito, O Barco tamén se suma ás concentracións que vén convocando dende febreiro a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e que dende entón xa se veñen celebrando na Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button