ConcellosÚltima hora

O Barco tantea a creación dun polígono industrial virtual

O Concello vén de convocar unha xuntanza para expoñerlles aos empresarios a posibilidade de levar adiante esta iniciativa
A concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal.
A concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal.

A terceira planta do edificio multiusos do Barco acollerá ás 20:30h. do xoves 24 de abril unha xuntanza sobre os polígonos industriais virtuais. A reunión está promovida dende o Concello do Barco, a través da Concellería de Comercio, co fin de expoñerlle aos empresarios da comarca de Valdeorras este tipo de iniciativa. “Na provincia de Ourense xa está funcionando un polígono deste tipo no concello de Amoeiro. Puxémonos en contacto con eles para informarnos sobre este proxecto e agora queremos darllo a coñecer aos empresarios da nosa zona”, explica a edil de Comercio do Barco, Irene Dacal.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button