ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 12 casos activos de Covid

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira redución nos casos de Covid no Barco. Este municipio rexistra un total 12 casos activos de Covid-19, 1 menos que o pasado sábado, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 23 de febreiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes descenden a 11, 3 menos que o pasado sábado. A incidencia acumulada para o concello mantense en >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button