ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 19 casos activos de Covid, 4 menos que onte

Unha das rúas do Barco./ Foto: A.R.

 

Nova xornada con tendencia á baixa na curva do coronavirus no Barco. Este municipio rexistra un total 19 casos activos de Covid-19, 4 menos que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 17 de febreiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes descenden a 26, 3 menos que onte. A incidencia acumulada para o concello mantense en >150 e ≤250, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button