ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 47 casos de Covid e descende a nivel de alerta laranxa no mapa galego

Imaxe do centro do Barco.

 

Logo de varios días en nivel 3 de alerta (vermella) no mapa galego do Covid que elabora a Consellería de Sanidade, O Barco volve a situarse en nivel 2 (alerta laranxa) neste 28 de outubro, tendo en conta os novos casos confirmados por proba PCR nos últimos 7 días. Segundo os datos comunicados hoxe, o municipio sitúase entre 14 e 21 novos casos nesa franxa temporal.

Ademais, O Barco mantén polo de agora unha lixeira liña de descenso no número de casos activos, xa que neste mércores sítuase en 47 positivos, son 2 menos que os 49 comunicados onte e tamén antonte polo Sergas ao Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button