ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 81 casos activos de Covid, 8 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen baixando os casos activos de Covid-19 no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 10 de agosto (actualizados ás 18h. de onte), son 81 os casos positivos por coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 8 menos que onte.

Mantense a incidencia acumulada no concello que se sitúa entre >125 ≤250 nos últimos 7 días e en >500 nos útimos 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button