ConcellosÚltima hora

O Barco traballa para converterse nunha “Cidade Amiga da Infancia”

Anunciábase nunha rolda de prensa na que tamén se presentaba o programa de actos co que este Concello celebrará o “Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero”, o 25 de novembro
O alcalde do Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, na rolda de prensa./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco quere ser unha “Cidade Amiga da Infancia”, un selo que concede Unicef e co que só contan 8 concellos galegos. Así o sinalaba o rexedor barquense, Alfredo García, na rolda de prensa que daba na mañá do 20 de novembro, Día Internacional do Neno, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Orlando Saavedra, quen explicaba o proxecto no que xa está traballando este concello e que pretende implicar aos representantes municipais, políticos, a asociacións e, fundalmente, aos cativos. “Queremos colocar aos nenos no centro das políticas sociais e pretendemos que este sexa un proxecto común, un proxecto estratéxico a medio e longo prazo”, engadía Saavedra.

Para levalo a cabo o Concello entende que é “imprescindible a implicación do colectivo docente, ao que xa llo presentamos e que acolleron moi favorablemente”, indicaba o concelleiro de Servizos Sociais. Ademais o rexedor barquense indicaba que se trata dunha iniciativa “global para darlle aos nenos un protagonismo moito máis activo no desenvolvemento e no pensar da cidade que temos”. E para iso o proxecto contempla a creación dun consello local da infancia “con voz e voto”, “pretendemos que a cidade funcione a través dos ollos dos nenos”.

Celebración do “Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero”

Nesta mesma rolda de prensa, o concelleiro de Asuntos Sociais presentaba o programa de actos co que O Barco conmemorará o vindeiro 25 de novembro o “Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero”. E fárao “vestíndose de negro. É un día especial para facer un esforzo e loitar contra este tipo de violencia”.

 

O rexedor e o concelleiro barquenses, xunto a cartelería que se colocará no exterior do Concello./ Foto: A.R.

Os actos comezarán xa o 22 de novembro coa proxección da película “Custodia compartida”, en colaboración co Cine Club Groucho Marx, no Teatro Lauro Olmo da vila. Ademais do 25 ao 30 de novembro, en colaboración con AEVA, o comercio e os negocios do Barco colocarán nos seus escaparates carteis de repulsa a este tipo de violencia.

O acto central será o propio día 25 de novembro, cunha concentración a partires das 18h. na praza do Concello, seguida da iluminación simbólica da Casa Consistorial en memoria das mulleres asasinadas e dunha breve de escenificación de Gargallada Teatro, titulada “Xuízo ao maltrato”. O acto pecharase coa lectura dun manifesto. Ademais ao longo de todo o ano o Concello manterá no seu exterior unha cartelería fixa sobre este tema co lema “Querémosvos vivas. Co maltrato non hai trato”, así como nas instalacións deportivas municipais.

Máis información sobre o Día Internacional dos Dereitos da Infancia no Barco:
https://www.osil.info/os-nenos-protagonistas-do-dia-internacional-dos-dereitos-da-infancia-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close