En portada

O Barco tratará os sauces do Malecón, que sufren unha praga

Aplicaráselles un tratamento para eliminar un tipo de insecto coleóptero propio destas árbores
Sauces da praia fluvial do Malecón do Barco que serán tratados./ Foto: Carlos G- Hervella.
Sauces da praia fluvial do Malecón do Barco que serán tratados./ Foto: Carlos G- Hervella.

Os sauces existentes na praia fluvial do Malecón barquense están afectados por un tipo de insecto propio desta árbore. Para eliminar esta praga, aplicaráselles un tratamento o 25 de agosto. “O Concello do Barco recibiu hai poucos días unha comunicación na que se informaba da existencia de posibles carrapatas nesta zona. Na inspección realizada na mañá do 24 de agosto por técnicos especialistas en pragas, a zona foi acordoada, para proceder á eliminación dos insectos, pero determinouse que non se trata de carrapatas, senón dun insecto coleóptero propio dos sauces, que non son perigosos para persoas nin animais”, segundo explican dende o Concello.

O traballo será realizado mañá pola mañá por persoal propio do Concello. “Ao tratarse dun tratamento totalmente inocuo para os seres vivos, levarase a cabo a primeira hora de mañá, e a praia poderá utilizarse con normalidade durante o resto do día”, engaden dende o Concello.

Os sauces serán sometidos ao tratamento o 25 de agosto./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os sauces serán sometidos ao tratamento o 25 de agosto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tamén se insiste dende o Concello do Barco en que se “actuou neste caso con toda a celeridade posible, garantindo en todo momento a seguridade dos veciños en xeral, e dos usuarios da praia en particular. Os insectos detectáronse a última hora do xoves 20 de agosto, e hoxe xa se puxeron en marcha as medidas precisas para proceder á súa eliminación”.

Artigos relacionados

Back to top button