DeportesÚltima hora

O Barco ultima a posta a punto das escolas deportivas e do deporte base

 

Con en torno aos 800 nenos e preto de 700 adultos participando nas edicións anteriores á pandemia, está claro que o Barco de Valdeorras é un municipio cunha gran afección polo deporte. Por iso, confiando en que se manteñan as actuais condicións sanitarias, dende o Concello veñen de publicar un folleto no que se detalla a ampla oferta de actividades de deporte base postas en marcha para a tempada 2021/2022, algunhas delas en colaboración con clubs deportivos do municipio.

Do fútbol encárgase o CD Barco, do fútbol sala o Pizarras Los Tres Cuñados FS, do karate o KC José Puente e o CK River Stone Puente, do atletismo o Adas, do baloncesto o CB Barco, do voleibol o CV San Martiño, da patinaxe e do hóckey patíns a Asociación Patinaxe Global (APG), do ciclismo o Tres Lunas Valdeorras, e do boxeo e do kickboxing o Club Kickboxing Vakdeorras.

Para algunhas destas escolas xa está aberto o prazo de matriculación e no folleto adxunto especifícanse todas as condicións para acceder a nenos e mozos de ata 17 anos.

Respecto ás escolas deportivas para adultos, (ioga, pilates, zumba, ximnasia rítmica, adestramento funcional e bailes de salón), dende o departamento de Deportes do Concello do Barco esperan poder abrir as inscricións no mes de outubro, e que poidan comezar en novembro.

Folleto deporte base e escolas deportivas 21 22

Artigos relacionados

Back to top button