En portadaÚltima hora

O Barco, un circuíto de luxo para desfrutar do campionato de España de 10K en ruta

A saída e a meta estarán na rúa Marcelino Suárez, preto da praza do Concello, e os atletas percorrerán a rúa Conde Fenosa e a avenida de Galicia

 

A mañá deste domingo 8 de maio O Barco de Valdeorras converterase no epicentro do atletismo coa celebración do Campionato de España de 10 km en Ruta absoluto e máster que reunirá aos mellores atletas desta modalidade no panorama nacional, e que terá tres saídas.

A primeira será ás 10:30 horas para a categoría feminina tanto absoluta como máster, e ademais os máster de M50 e superior. A segunda ás 11:45 horas para a categoría absoluta masculina e os máster M35, M40 e M50. E e a terceira ás 12:30 horas para a carreira popular.

 

Vista da rúa Conde Fenosa por onde pasará a carreira.

 

A saída e a meta estarán situadas na avenida Marcelino Suárez (á altura de Flores Esnat) e os atletas darán tres voltas a un circuíto de 3.300 metros cunha recta de saída de 50 metros e outra de meta de igualmente 50 metros, que percorrerá a rúa Conde Fenosa e a Avenida de Galicia ata pouco antes da primeira rotonda, fronte á subestación eléctrica, onde xirarán.

O público ten unha oportunidade de ouro para seguir o campionato e animar aos atletas ao longo de todo o percorrido pola travesía barquense onde estará prohibido aparcar a partir de hoxe polo que a Policía Local xa comezou a colocar os valados.

 

Artigos relacionados

Back to top button