Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

O Barco únese á celebración do Día contra o Cancro de Mama

A delegación valdeorresa da AECC instalaba dúas mesas informativas na praza do Concello e no hospital

Lazos, caramelos e caraveis. Son os agasallos que recibían as persoas que na mañá do 19 de outubro facían os seus donativos para a AECC nos postos instalados na praza do Concello do Barco e o Hospital Comarcal Valdeorras.

Así, con mesas informativa nas que tamén se vendían gafas, celebraban dende a delegación valdeorresa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) o Dia contra o Cancro de Mama, sumándose á campaña “rosa” da asociación nacional, de apoio e acompañamento profesionais e gratuítos para as pacientes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button