CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Barco vibra con Seguridad Social

Unha ateigada praza barquense de Andrés de Prada recibía ao grupo Seguridad Social na noite do 12 do setembro. José Manuel Casany (voz), Javi Vela (Guitarra/voz), Alex Olías (baixo/voz) e Rafa Villalba (batería) facían gala sobre o escenario do seu bo facer musical cun variado repertorio de temas que ían dende os ritmos latinos, pasando polo seu singular ska ata o reggae, entre os que, por suposto, non faltaron referentes como “Acuarela”, “Quiero tener tu presencia”, “Chiquilla” ou “Comerranas”. Non faltou tampouco a súa particular homenaxe a outras bandas como Tequila, cunha versión de “Salta” ou a artistas como Nino Bravo, con cuxo tema “Un beso y una flor” co que, tras os bises, se despedían agradecidos dun público entregado.

Texto: A.R. Fotos Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button