CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Barco vístese de blues

Os días 4 e 5 de xullo a vila valdeorresa acollerá a cuarda edición do Festival Blues no Sil
Un dos músicos deste festival nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos músicos deste festival nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella

O Barco vivirá a ritmo de blues esta fin de semana. Algunhas das bandas máis revelantes deste tipo de música daranse cita na vila no marco do que será a cuarta edición de Blues no Sil.

Á parte da música en directo ao aire libre de ata seis bandas, a programación inclúe obradoiros, jam sessions e ata cine. De feito será a proxección do filme “O Brother” no Teatro Lauro Olmo o 3 de xullo ás 19h. a que marque o comezo de dous días intensos de blues.

Os concertos que terán lugar coma sempre na praza Andrés de Prada, comezarán o venres 4 de xullo en torno ás 20h. da man de Blue Dog (Madrid) gañadores do II concurso de Bandas de Blues Noveis da Sociedade de Blues de Madrid que colabora co festival valdeorrés. Os segundos en actuar serán os composteláns The Lákazans, rematando con Blues & Decker (Gijón). A noite completarase cunha black music party na Sala Baranda.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button