SanidadeÚltima hora

O Barco volve a concentrarse en defensa dunha “primaria digna”

 

Un xoves máis, no exterior do Centro de Saúde do Barco tiña lugar ás 12h. deste 31 de outubro unha concentración na que veciños e persoal sanitario insistían en demandar unha mellor Atención Primaria. Reuníanse durante cinco minutos e portaban pancartas co lema “Xuntos por unha Atención Primaria digna”.

Este tipo de paróns veñen realizándose xa dende finais de maio no Barco, se ben ata hai unha semanas facíanse os luns. Agora este acto pasouse aos xoves.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button