SanidadeÚltima hora

O Barco volve a concentrarse para pedir unha “primaria digna”

 

Mantense a demanda e tamén os actos reivindicativos. Un xoves máis, veciños e persoal sanitario volvían a concentrarse durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde do Barco ás 12h. deste 28 de novembro para pedir melloras na Atención Primaria.

Portaban pancartas con frases como “Xuntos por unha Atención Primaria digna”. Este tipo de concentracións veñen realizándose no Barco xa dende finais do mes de maio.

Tamén na Rúa tiña lugar a esta mesma hora unha concentración semellante no exterior do seu centro de saúde.

Artigos relacionados

Back to top button