Dende finais de maio, veciños e persoal sanitario veñen concentrándose cada luns no exterior do Centro de Saúde do Barco para pedir unha “primaria digna”. Así o facían nesta semana, na que ademais volvían facer outro parón de 5 minutos no mediodía deste xoves 10 de outubro.
Agora suman tamén á citada demanda a “falta de persoal administrativo, xa que só hai dúas administrativas e unha con reducion de xornada”, aseguran, “e non poden atender a toda a actividade de mañá cando o Sergas non cubre esa reducion de xornada”, tendo en conta ademais que agora está a piques de iniciarse campaña da gripe.
A concentración da vindeira semana será tamén o xoves ás 12h. na entrada do Centro de Saúde do Barco.
Foto cedida.