DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Pérez, campión en K-1 sénior do I Trofeo Concello de Outes

Publicidade

 

O barquense Adrián Prada Pérez, que compite do Club de Piragüismo Verducido Pontillón, vén de proclamarse campión do I Trofeo Concello de Outes en K-1 sénior. Completaba o percorrido de 10.000 m cun rexistro de 00:39:04.00.

En segundo lugar entraba en meta o seu compañeiro de club e amigo Joaquín Iglesias, cun tempo de 00:39.05.00.

 

 

Rozando a clasificación para o europeo de maratón

A piques estivo tamén Adrián Prada de clasificarse na fin de semana pasada para o europeo de maratón no selectivo que se celebraba en Mequinenza (Zaragoza).

 

 

O valdeorrés quedaba cuarto en K-1 sénior na Copa España de maratón curto, quinto no maratón longo e quinto tamén na proba longa de K-2 senior nun barco compartido con Joaquín Iglesias.

Fotos de Outes: cedidas.

Fotos nacional de maratón: Jonas Pravia.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button