DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada, bronce en K-1 sénior no Campionato de España de medio maratón

 

Novo podio nacional para o padexeiro barquense Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón. Lograba unha terceira posición en K-1 sénior no Campionato de España de Medio Maratón (16 km) que se disputaba este domingo en Muíños, se ben houbo momentos nos que rozaba a prata.

Así, finalmente, o posto decidíase nun axustado sprint co seu compañeiro de club e amigo, Joaquín Iglesias, que remataba cun tempo de 1:05:56.89 , fronte ao rexistro de 1:05:57.41 do valdeorrés. O título de campión de España quedaba en mans de Iván Alonso Lage (Club Piragüismo Olívico), cunha crono de 1:05:56.13.

Fotos: loispradaf

Artigos relacionados

Back to top button