DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada, prata en K-1 Sub23 no Trofeo Internacional Rías Baixas

 

Podio valdeorrés no Trofeo Internacional Rías Baixas de Medio Maratón, que vén de disputarse neste sábado 14 de novembro en Verducido (Pontevedra). O piragüista barquense Adrián Prada Pérez, que viste as cores do Club Piragüismo Verducido-Pontillón conseguía unha destacada segunda posición en K-1 Sub23 nesta proba de 14.000 metros.

Completaba o circuíto nun tempo de 0:55:0,72, sendo unicamente superado por unha estreita marxe polo seu compañeiro de club, Joaquín Iglesias (0:55:0,36).

Este padexeiro barquense volvía á competición en pista este verán, tamén en Verducido, tras case catro anos sen tomar a saída nunha proba e recén estreada a súa graduación en Enfermería. Daquela lograba un destacado resultado, pero non conseguía podio, algo que desta volta si foi posible con esta prata.

Fotos da galería: Adrián Prada en diferentes momentos da competición xunto a Joaquín Iglesias e no podio. Imaxes cedidas.

 

De esquerda á dereita, Joaquín Iglesias e Adrián Prada, en Verducido. Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button