Nesta fin de semana o barquense Adrián Prada Pérez (do Club Piragüismo Verducido-Pontillón) vén de facerse cun novo título a nivel nacional na categoría K-1 Sub23. Competía o 28 de agosto en Verducido (Pontevedra) no Campionato de España de maratón curto, que era á vez campionato galego desta modalidade. Realizaba os 3.800 metros da regata nun tempo de 15:36.83.
Ademais este padeixeiro valdeorrés, que é adestrado por Jabucho, colleitaba tamén o título de subcampión autonómico, ao impoñerse na proba o tamén galego Joaquín Iglesias, que é ademais compañeiro seu de club e amigo.
Na terceira posición a nivel nacional correspondíalle a Alejandro Moreno, do Club Escola Piragüismo Aranjuez.