DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada, terceiro no L Descenso Internacional do Miño de Tui

O seu irmán Raúl rozaba o podio cun cuarto posto en K-2 cadete nesta mesma competición

Unha fin de semana máis, o padexeiro barquense Adrián Prada Pérez, adestrado por Jabucho e que viste as cores do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, vén de subirse ao podio. Desta volta foi no Descenso Internacional do Miño de Tui, que se celebraba neste sábado 21 de agosto.

O piragüiista valdeorrés quedaba terceiro en K-1 sénior, tras completar o traxecto de 14 km da proba nun tempo de 00:57:42. Nesta categoría impoñíase Iván Alonso Lage (Club Olívico) cunha crono de 00:57:34, mentres que o segundo posto lográbao Manuel Garaycoechea (Club Regatas Uruguai).

E o irmán de Adrián, Raúl Prada, quedábase rozando o podio en K-2 cadete, onde o barco que compartía con Miguel Anxo Franco, lograba un cuarto posto. Este padexeiro barquense tamén compite co Club de Piragüismo Verducido-Pontillón.

Fotos: Fegapi.

Artigos relacionados

Back to top button