OurenseÚltima hora

O barquense Álex Dobao imparte unha charla na Ceo

O consultor de negocios e promotor ofreceu pautas para mellorar en motivación e xestión profesional aos perruqueiros
Álex Dobao durante a conferencia.
Álex Dobao durante a conferencia.

O consultor de negocios e promotor Álex Dobao (natural do Barco de Valdeorras) deu unha charla a profesionais do sector de perruquería nas que ofreceu pautas de comportamento, funcionamento e xestión para mellorar a imaxe do sector e a rentabilidade dos negocios.

Dobao, que se confesa “positivo por decisión e en constante adestramento”, instou a abandonar a actitude do lamento para “asumir a verdadeira profesionalización”, que é a que posibilita o bo funcionamento dun negocio. Neste sentido, indicou que “o medo xestiónase e a sorte trabállase”. O conseultor considera asemade “un erro” algunhas estratexias do sector, como a de “asumir o custe do iva cando o Goberno decidiu incrementalo”, xa que, ao seu xuizo, “os impostos implántaos o Goberno e páganos os cidadáns e ten que ser o Executivo quen asuma a potencial impopularidade da medida”.

Artigos relacionados

Back to top button