CulturaCulturaÚltima hora

O barquense Ángel Ruíz, un virtuoso do banjo, actuará esta tarde na súa vila con Tor

Ángel Ruíz nunha actuación./ Foto: Facebook Ángel Ruíz.

 

Reencontro musical do barquense Ángel Ruíz coa súa vila natal. Esta tarde de 12 de setembro, a partir das 20:30h., este virtuoso do banjo actuará xunto á banda Tor (á que acompañou no seu último disco) na carpa instalada no campo da festa.

A apertura de portas do recinto farase ás oito da tarde. A entrada libre e o aforo limitado. Este concerto enmárcase nos actos culturais de “O Cristo 2020”.

Imaxe da carpa do Campo da Festa onde se celebrará o concerto de Tor & Ángel Ruíz banjo./ Foto: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button