Na mañá do domingo 15 de maio, o Teatro Principal de Ourense acollía a gala “Paixón polo cabelo”, unha iniciativa “na que os perruqueiros ourensáns puxemos moito empeño e cariño a partes iguais. Sentimos que o esforzo realizado e o que está por vir aparecen recompensados pola gran acollida dispensada dende o ámbito profesional en toda Galicia”, en palabras da presidenta da Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense, Batriz Gómez.
A gala contou coa presenza do recoñecido perruqueiro guipuzcoano, Gonzalo Zarauza e da sea filla, Ziortza que forma parte do seu equipo. Xuntos, levaron a cabo un espectáculo con demostracións de maquillaxe corporal, traballos de fantasía, desfile de noiva e festa.
Con todo, o momento máis emotivo do acto foi a homenaxe como recoñecemento ao seu labor, a catro profesionais da perruquería que deixaron a súa actividade. Entre eles, o valdeorrés Delio Dobao, unha persoa moi implicada no funcionamento da asociación de perruqueiros e sempre disposto a colaborar.