ConcellosÚltima hora

O barquense Eduardo Ojea entrará como deputado socialista no Parlamento galego

Ocupará o posto que deixa Juan Francisco Rivera dentro do grupo parlamento do PSdeG-PSOE

O barquense Eduardo Ojea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Valdeorras volverá ter representación no grupo parlamentario socialista na Cámara galega nesta lexislatura. Tras a renuncia ao cargo de deputado na Cámara galega do verinés Juan Francisco Rivera, que facía pública este luns en rolda de prensa, o seu posto será ocupado polo número 4 da lista dos socialistas ourensáns ao Parlamento de Galicia, o valdeorrés e ex concelleiro do Barco Eduardo Ojea.

Este barquense amósase ilusionado de poder asumir esta nova responsabilidade política e ser deputado galego nos dous anos que restan de lexislatura galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button