EconomíaEconomíaÚltima hora

O barquense Francisco Javier Gómez gana o I Concurso de Deseño CCA O Barco

O presidente do CCA co gañador do concurso.

 

O deseño do barquense Francisco Javier Gómez, foi o elixido polo xurado como gañador do I Concurso de Deseño CCA O Barco, convocado pola asociación barquense para conseguir unha nova imaxe relacionada co comercio de proximidade, que ilustrará as bolsas de compra que o CCA reparte entre os clientes dos establecementos asociados.

Trátase dun deseño alegre e xuvenil, realizado por ordenador e na cor corporativa da asociación, que transmite a “ilusión de consumir no comercio local, así como na hostalería da vila”. “A través do xogo de palabras COMPRO TO’ LOCAL”, que é o lema do deseño, “as bolsas pretenden poñer en valor as vantaxes do comercio local, impulsando as compras no noso Centro Comercial Aberto. En definitiva, comprar no pequeno comercio, fainos grandes”, asegura o propio Francisco Javier Gómez.

O deseño, ademais de estampar as novas bolsas que sairán á rúa proximamente, foi premiado cun vale de 100€ para investir nos establecementos asociados.

 

O barquense Fancisco Javier Gómez.

Artigos relacionados

Back to top button