DeportesÚltima hora

O barquense Jesús Rodríguez, campión na Copa do Mundo de Maratón veterán

Ademais Miguel González e Bernardo Sánchez, tamén do Fluvial Barco, quedaban segundo e terceiro en K-1 veterano (45-49 anos)
O barquense Jesús Rodríguez recollendo o premio.
O barquense Jesús Rodríguez recollendo o premio.

Con tres medallas regresaban os padexeiros do Club Fluvial Barco na Copa do Mundo de Maratón, celebrada o 30 de xullo en Prado (Portugal). O mellor resultado conseguíao Jesús Rodríguez León, que vencía en K-1 veterano (35-39 anos) e levábase o ouro.
Tamén se subían ao podio nesta proba mundial Miguel González, que se proclamaba subcampión en K-1 veterano (45-49 anos) e Bernardo Sánchez que era terceiro nesa mesma categoría.

Miguel González e Bernardo Sánchez, no podio.
Miguel González e Bernardo Sánchez, no podio.

Fotos cedidas polo Club Fluvial O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button