DeportesÚltima hora

O barquense Jesús Rodríguez, cuarto en K-1 máster no mundial de augas bravas de Suíza

Neste campionato internacional tamén forma parte da selección española o valdeorrés Sergio Ruiz
Jesús Rodríguez León e Sergio Ruiz, do Fluvial Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O piragüismo barquense segue colleitando bos resultados e, desta volta, no mundial de augas bravas que se está a desenvolver, dende o 31 de maio, na cidade suíza de Moutathal. Jesús Rodríguez e Sergio Ruiz (do Fluvial Barco) forman parte da selección española (formada por oito padeixeros) nesta proba internacional.

Rozando o podio na competición en K-1 modalidade clásica Máster-A, quedábase Jesús Rodríguez. Lograba unha cuarta posición cun tempo de 12:45.31. Xa na proba clásica en K-1, Jesús Rodríguez quedaba no posto 34, sendo o segundo mellor español da competición, tras Guillermo Fidalgo cunha décima posición. O seu compañeiro no Fluvial Barco, Sergio Ruiz era 39º. A competición continuará ata o domingo día 3 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button