CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O barquense Jorge F. Ojea publica o seu primeiro EP

Titúlase “Ojea” e inclúe cinco temas compostos por este músico e guitarrista da banda de Luz Casal
Portada do primeiro disco de Jorge F. Ojea.
Portada do primeiro disco de Jorge F. Ojea.

Era un proxecto que acariciaba dende hai tempo e que agora vén de convertir en realidade. O músico barquense Jorge F. Ojea acaba de publicar o seu primeiro traballo. É un EP titulado “Ojea”, no que reúne unha selección de cinco temas con letra e música propias, nos que transita entre temáticas como a social, con certos tintes de irnoía, ou a amorosa.

“Quería quitarme a espiniña que tiña dende hai tempo. A parte das cancións que compoño para outros artistas teño moitas outras feitas e a familia e os amigos sempre me dicían a ver cando sacas un disco teu. Funo deixando pero ao final con axuda dalgúns amigos, que gravaron tamén outros instrumentos e me botaron cun cable, pois aos poucos funo gravando”, explica Ojea.
Entre esas colaboracións está do batería Tino di Geraldo, compañeiro seu na banda de Luz Casal.

Agora F. Ojea pensa en presentalo na súa terra Valdeorras neste verán. De momento non hai datas xa que polo de agora está mergullado en novos concertos con Luz Casal. Será unha nova oportunidade para desfrutar de novo deste músico en directo no Barco.

O prezo deste EP é de 5 euros e pode conseguirse máis información sobre el no twitter: twitter.com/Jorge-Ojea

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button