CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O barquense Jorge Moral Vidal, dobre finalista no I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O nome do gañador farase público esta noite na gala que se celebrará no Centro Cultural Avenida da Rúa

A praza de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) acollía no mediodía do 29 de setembro, o acto no que se daban a coñecer o nome dos finalistas do I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Dotado con 3.000 euros recibíronse 193 textos, 58 por correo postal dos que foron desbotados 25, e 135 a través do correo electrónico dos que foron desbotados 24 “por non se axustaren ás normas establecidas nas bases do concurso publicadas o 15 de xuño”.

Así o explicaba o representante do xurado Anxo Baranga, no acto ao que asistiron os alcaldes de Vilamartín Enrique Álvarez, do Barco Alfredo García, da Rúa Luis Fernández, da Veiga Juan Anta e de Petín Miguel Bautistas, ademais de representantes de diferentes asociacións culturais como o presidente do IEV Aurelio Blanco, e empresariais como a presidenta de AEVA Araceli Fernández, entre outros.

Tamén estaba o polifacético barquense Jorge Moral Vidal un dos finalistas por partida dobre: co texto Ás apalpadelas e co texto Quen diría. Os outros finalistas son Andrea Maneiro Fernández co texto Alxia; Xabier Xil Xardón co texto Chao do Castro; e Arancha Nogueira co texto Taxidermia.

A gala na que se dará a coñecer ao gañador celebrarase esta noite (21h.) no Centro Cultural Avenida  da Rúa, presentada polas poetisas María Ladoe Lucía Aldao. A fin de semana de poesía en Valdeorras completarase mañá, domingo 30 de setembro, a partires das 12:30h. en Petín coa exposición sobre FDG, unha batalla poética co colectivo Poetas da Hostia e un aperitivo nos locais de hostalaría.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button