DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O barquense Jorge Paradelo, dobre podio na proba do mundial de enduro en Santiago

Este piloto facíase coa terceira posición na carreira do 11 de maio e era subcampión na do domingo na categoría Open 2 tempos

Entre os primeiros postos da clasificación xeral da categoría Open 2 tempos do mundial de enduro sitúase o piloto barquense Jorge Paradelo. Tras a terceira posición nas dúas carreiras en Portugal a primeiros de maio, volvía a subirse ao podio no mundial na pasada fin de semana, mellorando ademais resultados, en Santiago e Compostela.

Así o 11 de maio quedaba terceiro cun crono de 56:20.38), tras o portugués Gonçalo Reis (cun tempo de 55:20.08) e o español Benet Gómez (56:30.38). Ao día seguinte, Paradelo quedábase moi preto da primeira posición. Así, vencía novamente Reis, pero por apenas 20 segundos, sendo o piloto barquense subcampión nesta carreira.

Nestes momentos Paradelo, que compite co equipo Núñez Motor de Lugo, ocupa a terceira posición na clasificación xeral do mundial de enduro en Open 2 tempos, a tan só 1 punto de distancia do segundo clasificado, Richard Tucker.

Fotos cedidas.

Paradelo, á esquerda, no podio da segunda carreira da proba do mundial de enduro celebrada en Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close