DeportesEnduroÚltima hora

O barquense Jorge Paradelo volve subir ao podio no mundial de Enduro, desta volta no GP Portugal

Era terceiro nas carreiras do sábado e do domingo celebradas esta fin de semana en Marco de Canaveses

 

Continúa o mundial de Enduro e o piloto barquense Jorge Paradelo mantense no alto da clasificación logo de facer un novo podio, desta volta no Enduro GP Marco de Canaveses (Portugal), celebrado esta fin se semana.

Tal como explica o propio Paradelo, conseguía ser terceiro tanto na carreira do sábado como na do domingo, subindo ao terceiro chanzo do podio. “Logrei un bo ritmo, chegando a facer P1 en scratch na Extrema, pero non conseguía coller o ritmo na Enduro e na Cross cometía certos erros que me ían afastando das primeiras posicións”, conta.

Así e todo, a falta dunha carreira, a vindeira fin de semana no mesmo entorno luso de Marco de Canaveses, o piloto valdeorrés é terceiro na clasificación xeral.

 

O piloto barquense, Jorge Paradelo, no Enduro GP Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button