DeportesÚltima hora

O barquense José Fernández, segundo nos 5 km marcha no galego de clubs

 

Entre os primeiros postos individuais valdeorreses do Campionato de Galicia absoluto de Clubs está o do marchador barquense José Fernández Nieves, que viste a camiseta do Real Club Celta de Vigo. Que quedaba segundo na proba dos 5.000 m marcha masculinos.

O atleta valdeorrés completaba o traxecto cunha marca de 22:35.50, só superada pola de Juan Manuel Morales (Marineta At.) cun rexistro de 22:03.07. En terceira posición situábase Hugo Martínez (Lucus Caixa Rural Galega).

 

 

“Atopeime ben e estou contento co resultado, o ganador está moi forte, a miña intención era apretalo un pouco, pero saíu moi rápido e eu intentei aguantar e quedei segundo”, destacaba José Fernández Nieves en declaracións ao Periódico O Sil, xusto despois da proba. Ademais amosaba a súa satisfacción de poder estar no Barco en homenaxe a Luis e tamén por poder “competir na casa”, logo de máis de seis anos.

A nivel de clubs en categoría masculina, Fernández Nieves indicaba que “creo que o meu club, o Celta, penso que vai estar loitando coa Ximnástica, e vai estar moi xustiño, pola tarde isto vai estar máis animado”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis información:
https://osil.info/o-barco-epicentro-do-atletismo-galego-absoluto/
https://osil.info/aldara-basteiro-e-adriana-reguera-adas-terceiras-en-altura-e-martelo-no-galego-de-clubs/

Artigos relacionados

Back to top button