DeportesÚltima hora

O barquense José Fernández, subcampión galego de marcha en ruta

Na proba colleitábanse outros tres podios da man de atletas do Adas do Barco
O marchador barquense José Fernández Nieves, nunha competición anterior./ Foto cedida.

Excelentes resultados para Valdeorras o 19 de xaneiro no Campionato de Galicia de marcha en ruta, que se celebraba na Pobra do Caramiñal (A Coruña). O máis destacado era, sen dúbida, o segundo posto do marchador barquense José Fernández Nieves (Real Club Celta), nunha carreira na que se impoñía Roberto Vieiro do CA Santiago.

O valdeorrés facíase co subcampionato galego tras completar o circuíto absoluto de 10 km nun tempo de 46:48, fronte aos 45:14 do ganador.

Ata A Pobra do Caramiñal tamén se desprazaban un grupo de atletas da base do Club Adas do Barco, que tamén lograban subirse ao podio. Así en Sub12 masculino o vianés Mauro García lograba unha medalla de prata, en Sub14 feminino María Martín un ouro e en Sub20 Celia Carracedo outra prata.

 

Un dos podios aos que subían os atletas do Adas./ Foto: Club Adas.

 

Artigos relacionados

Back to top button