DeportesÚltima hora

O barquense José Miguel Castro Prada, un dos premiados da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol

Os galardóns entregaranse este venres ás 20h. no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela
José Miguel Castro Prada, no campo de Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

Ata 41 galardóns se entregarán na Gala do Fútbol Galego 2018 que se celebrará este venres 29 de xullo no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, organizada pola Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGF), e entre os premiados haberá un barquense. José Miguel Castro Prada, ex delegado do C.D. Barco, recibirá o “Trofeo da A.C.G.F. ao colaborador pola súa adicación e traxectoria no fútbol galego”.

Natural do Barco de Valdeorras, a última etapa de Castro no club barquense foi como delegado, pero tamén foi porteiro e mesmo adestrador de porteiros. Malia pasar unha boa parte da súa etapa deportiva en terras lucenses, este deportista barquense comezou a súa traxectoria no equipo xuvenil do Barco, formando tamén parte do equipo sénior que na década dos 80 ascendía por primeira vez a terceira división.

 

Artigos relacionados

Back to top button