DeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez, 3º en alevín no campionato social de inverno de karting de Cabañas

 

Destacada estrea do barquense Leo Pérez Pereira en alevín no XIV Campionato Social de Inverno de Karting de Cabañas Raras (León), disputado neste 24 de novembro. Este neno barquense volvía á competición tras facerse co subcampionato de Castela e León o pasado mes de outubro en rookie. E facíao debutando con éxito nunha nova categoría e medíndose con pilotos de podio no campionato de España.

Así este valdeorrés lograba unha terceira posición cita, pese a ter serias complicacións durante a proba, como foi o feito de terse quedado sen freos. “El era o piloto novato e o máis pequeno e ademais de quedar terceiro, xunto cos dos dous primeiros, logrou dobrar ao outros trece pilotos que competían na categoría”, resalta o seu pai, Julio Pérez.

Fotos: JFM3DIA.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close