AutomobilismoDeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez estrea casco por xentileza dun piloto profesional francés

O xove piloto de karting recibía o agasallo de Sebastián Hernández no Café Teatro Bajo Cinco, no Barco de Valdeorras

 

Unha das funcións das redes sociais e promocinarse e tamén poñer en contacto á xente de todo o mundo. E esa era precisamente a forma na que se coñecían dous pilotos de diferentes xeracións e modalidades deportivas pero coas mesmas raíces: O Barco de Valdeorras e o karting.

Sebastián Hernández (francés con orixes no Barco e en Arcos) é piloto profesional de Peugeot aínda que os seus comezos foron no karting, por iso valora de forma especial o papel que está desempeñando o xove piloto barquense, Leo Pérez.

 

Leo Pérez e Sebastián Hernández.

 

E foi precisamente a través de Instagram como Sebastián coñecía a Leo. “Vin que era do Barco e como a miña familia tamén é daquí e sei o que custa manterse neste deporte, decidín axudalo dalgún xeito a subir o máis alto que poda no mundo do karting”, explica. E facíao da mellor forma posible, entregándolle un casco novo cedido polo seu propio patrocinador, Zamp Helmet.

O piloto francés asegura que pode vir dúas ou tres veces ao Barco a ver á súa familia, aproveitando unha desas visitas para coñecer persoalmente a Leo e facerlle entrega do casco no Café Teatro Bajo Cinco.

 

O piloto de karting barquense, Leo Pérez, co seu novo casco.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button